Visita en liña | Faraón. Rei de Exipto

Xa visitaches a exposición Faraón. Rei de Exipto pero gustaríache unha experiencia máis completa? Aínda non puideches achegarte ao Museo Centro Gaiás e queres facer un primeiro achegamento a esta impresionante colección de pezas do British Museum? Anótate á nosa visita a través de videoconferencia, na que poderás conectar en directo co persoal de guías do Museo Centro Gaiás.

Mergullarémonos na historia dos Faraóns, os Señores das Dúas Terras, encargados de protexer Exipto dos seus inimigos e de garantir a ‘maat’, a orde do universo. Exploraremos os ideais, o simbolismo e a ideoloxía dos gobernantes desta antiga civilización, así como as realidades da vida no Val do Nilo. E achegarémonos tamén aos labores arqueolóxicos realizados en Exipto ao longo dos séculos, para coñecer un pouco máis sobre como chegaron a nós estas valiosas pezas, descubrindo un pouco máis sobre a impresionante colección do Antigo Exipto que posúe o British Museum.

PREME PARA INSCRIBIRTE!

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
19 Xuñ 2021 | E martes e venres | 11h
Verán 2021
Mércores e sábados | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h