Andainas con arte 2023

Co obxectivo de aunar cultura e natureza, a arte traspasa os lindeiros físicos do Museo Centro Gaiás e sae ás zonas verdes para descubrir as intervencións artísticas que acollen o Xardín literario e o Bosque de Galicia. Nesta pequena andaina guiada dunha hora de duración poderás descubrir obras como Deixa aquí os medos de Alicia Framis, Zapatos no camiño, de Francisco Leiro ou Metáforas. Pegadas dun percorrido, de Alexandra R. Rey e Thomas Apostolou.

As obras da cuarta edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe, que aguilloan a curiosidade e convidan á reflexión a través do xogo de escalas (División simple de una roca de granito, de Alberto Odériz), a reformulación de mitos e imaxinarios (O caso de Palmira, de Rebeca Lar) e a confrontación da ollada do público sobre si mesmo (Facendo zapping, de Diego Vidal), completan este percorrido por espazos expositivos non convencionais, artistas emerxentes e intervencións paisaxísticas. 

 

 

IMPORTANTE 

  • Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas e en función da meteoroloxía.
  • Recoméndase traer calzado cómodo, crema de protección solar e algo para cubrir a cabeza.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • O percorrido inclúe desprazamentos por pavimentos irregulares, escaleiras e pendentes, polo que podería ser modificado no caso de que asistan persoas con dificultades de mobilidade. 
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • Podes consultar aquí os diferentes modelos de visitas comentadas que ofertamos.
 
Visitar
 
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h