‘Arqueoloxía da festa’ explora a través do son a metamorfose dos lugares de celebración

A Xunta de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) impulsan a instalación artística Arqueoloxía da festa, que se pode visitar de maneira gratuíta no Museo Gaiás ata o vindeiro 23 de novembro. A proposta rastrea os sedimentos acústicos dun campo da festa abandonado en Portomouro (Val do Dubra), revelando a diversidade de pegadas humanas e naturais na paisaxe e as súas transformacións.

Santiago de Compostela, 23 de Outubro de 2025

Día das Bibliotecas 2025 | Xornada de portas abertas | Agasallo de libros

Con motivo do Día das Bibliotecas, a Biblioteca de Galicia organiza unha xornada especial na que, a través dunha visita guiada polas instalacións impartida polo persoal técnico, poderás acceder a espazos de acceso restrinxido e coñecer polo miúdo os servizos da institución que conserva o patrimonio bibliográfico galego.  

Ademais, ao longo da xornada, regalaranse bolsas sorpresas de libros ás persoas visitantes ata esgotar existencias. 

A Xunta e Afundación achegan a Lugo a realidade sociocultural da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller

A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou hoxe en Lugo a exposición Nicolás Muller en Galicia na Sede Afundación, entidade colaboradora deste proxecto na cidade que recolle imaxes dun dos grandes documentalistas da Europa do s. XX durante as súas viaxes á Comunidade.

Santiago de Compostela, 21 de Outubro de 2025

Nicolás Muller en Galicia | Lugo

A exposición Nicolás Muller en Galicia recolle unha selección de 50 fotografías das máis de 700 que o autor tirou durante as súas viaxes á Comunidade. Máis da metade das imaxes que se exhiben son inéditas, convertendo a esta exposición nunha oportunidade única para achegarnos á Galicia dos anos 60 a través da ollada dun dos fotógrafos máis recoñecidos do século XX.

‘Orixes’ despídese do Gaiás con case 30.000 visitantes e as entradas esgotadas

A experiencia inmersiva Orixes pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro domingo 26 de outubro coas entradas practicamente esgotadas e un balance de asistencia total que se achegará aos 30.000 visitantes. A instalación, que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego propostas innovadoras no eido das artes dixitais, recrea unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.

Santiago de Compostela, 19 de Outubro de 2025

Novas actividades ao redor das exposicións do Museo Gaiás con propostas de teatro inmersivo ou un ‘escape room’

A Cidade da Cultura de Galicia inaugura este outono unha nova liña de programación que abrangue diferentes actividades divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor das exposicións do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Gaiás_Inspira, engloba así propostas innovadoras dirixidas tanto a público adulto como infantil e xuvenil, que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público, ao xogo e á aprendizaxe compartida, e que inclúen desde teatro inmersivo a visitas especiais ou unha xincana en formato escape room.

Santiago de Compostela, 08 de Outubro de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS