Caderno botánico. Obradoiro de ilustración para adultos | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

Coñece os primeiros pasos para iniciarte no mundo da acuarela e descobre o apaixonante mundo das plantas a través deste obradoiro de ilustración, onde aprenderemos a mirar a natureza desde unha perspectiva diferente.

Na natureza sempre hai cousas sorprendentes por descubrir, e o caderno de debuxo é o medio perfecto para rexistralas. Traballaremos con elementos botánicos, principalmente follas, aprendendo a observalas con ollos curiosos e analíticos para logo debuxalas e pintalas con acuarelas, ao estilo dos exploradores naturalistas.

Non fai falta ter experiencia previa en ilustración nin en acuarelas, só ganas de observar e gozar da natureza. Proporcionarase o material necesario, aínda que os asistentes poden traer as súas propias ferramentas de debuxo se o desexan.

 
Letras & Pensamento