'Phygital land': unha instalación artística nas Hejduk que evoca unha paisaxe onde a natureza foi substituída por unha versión creada polas máquinas
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a instalación artística Phygital land, traducións do físico ao virtual, unha proposta da creadora granadina Irene Molina que foi seleccionada como gañadora entre os proxectos presentados na pasada edición do ‘Encontro de Artistas Novos’. Trátase dun traballo que combina a dimensión física coa dixital para xerar esculturas en 3D e proxeccións animadas que evocan a idea dunha paisaxe post-apocalíptica onde a natureza foi substituída por unha imperfecta versión dixital, xerada polas propias máquinas.
