Libros que nos fan ser. Conversa sobre lecturas que inspiran, curan e alimentan | Con motivo do Día da Lectura | Biblioteca de Galicia

¿Recoñeces ese formigueo ao soster un libro por vez primeira?

No Día da Lectura a Biblioteca de Galicia celebra o amor polos libros cunha conversa entre Lorena Bembibre, médica e lectora militante creadora da conta @loeenlasnubes; Emma Pedreira, escritora e bibliópata confesa; e Carlos Negro, escritor e crítico literario.

Con eles compartiremos a sintomatoloxía das persoas biblópatas: esa curiosidade inesgotable polas historias alleas, a desconexión do tempo real ao mergullarnos noutros mundos e o pracer de entregarse ás palabras.

 Será tamén unha conversa sobre os libros que nos fan ser, as lecturas que nos marcaron, as que nos inspiran, curan e alimentan.