Descubre cantos macro e micro plásticos hai no mar | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2025

Obradoiro divulgativo sobre a presenza e o impacto do lixo mariño, baseado no traballo científico do Centro Oceanográfico de Vigo. Combinarase a parte teórica con material visual, como imaxes, gráficos e vídeos curtos, e co equipamento empregado na monitorización, como manta de mostraxe e lupa binocular.

A rapazada poderá examinar diferentes tipos de lixo mariño recollido polos investigadores, entendendo así que son os macro e microplásticos, como afectan aos ecosistemas mariños, á biodiversidade —por exemplo, mediante a pesca fantasma ou o transporte de especies exóticas— e á saúde humana.

A través de exemplos prácticos, datos reais e métodos de investigación actuais, mostrarase tamén o proceso de recollida, análise e estudo dos microplásticos en distintas matrices: auga, sedimentos e organismos mariños.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas