Escenas do cambio: María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989

A exposición María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989 coa que o festival Escenas do cambio rende homenaxe á actriz galega no ano que se conmemora o centenario do seu nacemento mostra obxectos e pezas inéditas pertencentes ao recital que realizou María Casares na cidade francesa de Collioure en 1989, acompañada polo guitarrista de flamenco Pedro Soler.

Unha ópera contemporánea ao amencer na despedida de 'Escenas do cambio 2022'

A Xunta de Galicia despide este domingo a oitava edición de Escenas do cambio cunha intensa xornada que comezou as 6.30 horas, no momento da saída do sol, cando o público puido gozar dunha singular ópera contemporánea ao amencer composta e dirixida polo artista sonoro Ramón Souto e que se interpretou nos exteriores da Cidade da Cultura. 

Santiago de Compostela, 08 de Maio de 2022

'Escenas do cambio' enfía o legado de María Casares coa vangarda da escena galega no seu arranque no Gaiás

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989 coa que arrinca este ano o festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 05 de Maio de 2022

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra | Vigo

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada.

A Cidade da Cultura presenta 14 pezas de vangarda, oito delas inéditas, na oitava edición de 'Escenas do cambio’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a oitava edición de Escenas do cambio —o festival de teatro, danza e arte en acción organizado pola Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura—, que este ano presentará en Galicia un total de 14 pezas que transitan a vangarda do teatro, a música, a danza, as artes visuais e a performance.

Santiago de Compostela, 20 de Abril de 2022

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS