Escenas do cambio: María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989

A exposición María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989 coa que o festival Escenas do cambio rende homenaxe á actriz galega no ano que se conmemora o centenario do seu nacemento mostra obxectos e pezas inéditas pertencentes ao recital que realizou María Casares na cidade francesa de Collioure en 1989, acompañada polo guitarrista de flamenco Pedro Soler.

A mostra, comisariada por Carlota Ojea, inclúe documentos orixinais como programas de man, carteis, artigos en prensa e revistas da época, así como fotografías, manuscritos da propia actriz e o disco Amor Divino Amor Humano que María Casares gravou nos anos 60 con versos do Cantar de los Cantares e poemas de temática amorosa de autores españois como Quevedo, San Juan de la Cruz, Miguel Hernández ou Vicente Aleixandre, entre outros.

Pódese visitar de balde no andar 0 do Museo Centro Gaiás ata o 28 de agosto de 2022.

 Exposición María Casares

 
Exposicións