Clásicas desfeitas vol. 4 e 5 | Día do Libro 2022

O ciclo Clásicas desfeitas, coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), convidounos en 2022 a redescubrir, baixo novas formas e linguaxes, textos clásicos da literatura medieval e renacentista galega e portuguesa.

Con motivo do Día do Libro, convidámosvos a revisitar en liña os volumes 4 e 5 das Clásicas desfeitas coa emisión, por tempo limitado, destas dúas pezas escénicas. Pódense ver en aberto na canle de Youtube da Cidade da Cultura SÓ entre o 23 de abril e o 1 de maio de 2022

Vol. 4 | «Arte sen guión» | Galeatro

Existiu o teatro medieval en galego? A compañía Galeatro investiga e pescuda en Arte sen guión sobre a posibilidade dun teatro clásico galego do que non existen obras escritas. Catro comediantes representan as pezas recollidas nun extraño Códice da Idade Media, nunha especulación improvisada, unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.

Vídeo resumo da peza 

[Emisión dispoñible do 23 de abril ao 1 de maio]

Galería de fotos do día da representación

Equipo técnico e artístico:

  • Miguel Canalejo — Actor / Director
  • Alba Bermúdez — Actriz / Espazo escénico
  • Tone Martínez — Actor
  • Cris Iglesias — Actriz
  • Nacho Martín — Espazo sonoro
  • Anahí Taraburelli — Deseño de vestiario

 

Vol. 5 | «A barca do inferno» | Moving Compass

O volume 5 de Clásicas desfeitas, A barca do inferno, inspírase no Auto da barca, obra fundamental do teatro clásico portugués escrita por Gil Vicente no século XVI. A partir dela, a compañía Moving Compass constrúe unha proposta que recolle elementos do teatro de monicreques vietnamitas e actualiza a sátira moral da obra orixinal cunha mensaxe de fondo calado ecoloxista que pretende esporear o noso compromiso coa defensa e preservación dos recursos naturais.

Vídeo completo da peza 

[Emisión dispoñible do 23 de abril ao 1 de maio]

Galería de fotos do día da representación

Ficha técnica:

  • Dirección: Rafael Rey
  • Elenco: Lydia Guez, Pilar Pingarrón, Carlos Gallardo, Mathias Rodriguez, Tomé Mouriño e Rafael Rey
  • Escenografía e marionetas: Moving Compass
  • Música: Tomé Mouriño
  • Iluminación: Carlos Gallardo
  • Agradecementos a: Violeta Iglesias, Manuel López e Carlos Asorey