Holi Gaiás 2022

SAUDAMOS DE NOVO Á HOLI GAIÁS!

Volve á Cidade da Cultura a carreira máis divertida, colorida e familiar de Galicia!

Benvidos á Holi Gaiás 2022

O sábado 4 de xuño a Cidade da Cultura volve acoller unha nova edición, a cuarta (a última celebrouse no 2019) da Holi Gaiás, unha carreira lúdica, de carácter familiar e festivo na que, ademais das ganas de facer unha actividade deportiva, tamén cómpre vir con ánimo de pasalo ben ao son da música e con alegría para fozarse coa poeira de cores.

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable en grupo, en familia, coas amizades, nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.

Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India. E que mellor que nesta ocasión, na que vimos dunha situación de convivencia complicada, para volver a vernos e gozar da compañía e do aire libre, divertíndonos todos xuntos, con coidado e precaución, pero coma sempre.

A proba, que consta de 5 kilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas. Para participar debes incribirte segundo as instrucións que atoparás nesta páxina.

INSCRÍBETE NA TÚA CATEGORÍA

  • Inscricións en Ataquilla.com (ou no Museo Centro Gaiás)
  • Infantil: rapazada nada entre o 2007 e o 2012.
  • Adultos: persoas nadas en 2006 e anos anteriores.

 

PREMIOS

Aínda que a esencia da carreira é máis festiva que competitiva, haberá premios para:

  • 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina.
  • 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina. 
  • 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina. 
  • 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Consulta o regulamento e protección de datos aquí.