A festiva e colorida carreira ‘Holi Gaiás’ volve o 4 de xuño á contorna da Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura volve acoller, tras dous anos de parón, unha das súas actividades ao aire libre máis vistosas e saudables, a Holi Gaiás. A carreira celebrarase o sábado 4 de xuño, ás 11.00 horas, nos exteriores do complexo, cun percorrido de 5 kilómetros para a cativada e as persoas adultas.