Fogos do Apóstolo 2022 no Gaiás

Domingo 24 de xullo 

Na noite do domingo 24 de xullo de 2022, os Fogos do Apóstolo lánzanse desde cinco localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás —ademais da Alameda, o Parque de Eugenio Granell (no Restollal), as Cancelas e o Parque de Carlomagno (nas Fontiñas)—. Para que o público poida contemplar o espectáculo pirotécnico, o recinto da Cidade da Cultura prolongará o seu horario habitual e tanto os aparcamentos como os espazos exteriores estarán abertos ata as 2.00 da madrugada.

A praza central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo. Cómpre ter en conta que os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas. Poderase acceder a parte do Bosque desde o Parque da Balea, sempre respectando as zonas acoutadas de seguridade.

Domingo 31 de xullo 

O domingo 31 de xullo de 2022, o Gaiás convértese na localización única para o lanzamento dos fogos. Dada a súa magnitude, a Cidade da Cultura sufrirá restricións ao tránsito peonil que comezan ás 10 horas nas áreas próximas ao lanzamento. Tamén neste caso, os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas.

Dadas estas restricións, recoméndase evitar aglomeracións e optar por outros puntos altos da cidade que ofrecen igualmente unha boa visibilización do espectáculo pirotécnico, como os miradoiros das Cancelas, o Pedroso, Monte de Deus, a Almáciga, etc.

Agradecemos a responsabilidade de todas as persoas asistentes e desexámosvos moi boas festas!

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h