4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia 2022 | A biblioteca pública, unha personalidade creativa

A 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia desenvolverase o 24 de outubro de 2022, coincidindo co Día das Bibliotecas, no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Promovida pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, é un foro de encontro e debate no que os e as profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia terán a oportunidade de compartir, reflexionar e aprender en torno á mellora dos servizos bibliotecarios.

Nesta ocasión, o lema da xornada centra a ollada na creatividade. As bibliotecas son lugares nos que se accede ao coñecemento e á información, polo que serven para alimentar a curiosidade e facilitar a investigación. Tamén son espazos seguros e abertos para o lecer e a evasión, e polo tanto, para a imaxinación. Ter curiosidade, investigar, imaxinar... son requisitos necesarios para descubrir, innovar e crear, indo máis alá do coñecido. En definitiva, para a transformación e o progreso.

Na xornada compartiranse experiencias e proxectos orientados a propiciar a actividade creadora entre o público infantil e adulto. Ademais, poranse en común recursos creativos para a xeración de contidos e a difusión das oportunidades que ofrece a biblioteca, abrindo novas ventás para a atracción e a participación dos usuarios e usuarias. A xornada pecharase coa entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2022.

  • Para participar na XORNADA, que é de balde, hai que reservar praza [RESERVAS NA MARXE DEREITA]
  • Para tomar parte nos TALLERES DE EXPERIENCIAS é preciso reservar praza por separado á marxe do resto do programa da xornada [CONSULTA  A INFO NA MARXE DEREITA]

 

PROGRAMA 

   

 

PROGRAMA

A BIBLIOTECA PÚBLICA, UNHA PERSONALIDADE CREATIVA


9:30. Recepción de participantes.

10:00. Inauguración da xornada.

10:15. Conferencia inaugural. Carlos Fernández GuerraÁ conquista dixital dos lectores.

 11:00. Mesa redonda. Experiencias creativas.

  • Lucas Ramada Prieto. A ficción no xogo: novos imaxinarios na socialización cultural.
  • María Xosé Pousa Rodríguez. Programa Biblioteca Creativa. Bibliotecas Escolares Galicia.
  • Txemi Valdecantos. Dende a práctica.

 11:45. Performance. Rosalía Fernández RialDesnortada.

12:00. Pausa café

12:30. Mesa redonda. Xeración de contidos creativos.

  • Jessica Rey. O ingrediente secreto da creación de contidos: a autenticidade.
  • Eva Mejuto. Entreliñas, un podcast de libros e bibliotecas.
  • Lorena Bembibre. Caer nas redes: animación á lectura en Instagram.

 13:15. Conferencia final. Javier CebreirosO traballo máis importante do mundo.

14:00. Entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria 2022. Peche da xornada.

 14:30. Pausa comida.

 16:00. TALLERES DE EXPERIENCIAS