Convocatoria de iniciativas culturais emprendedoras e desenvolvemento de proxectos - CEM 2022

O Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura abre as súas portas a iniciativas culturais emprendedoras e proxectos que busquen un espazo dinámico e creativo no que desenvolverse. Tanto no Viveiro Gaiás como no Espazo de cotraballo do CEM disporán dun lugar idóneo para traballar, dar forma a novas propostas e crear sinerxías nunha contorna dinámica e colaborativa

A convocatoria diríxese a:

  • Iniciativas non lucrativas que a nivel local, rexional, nacional ou comunitario presenten un claro carácter social, cultural ou tecnolóxico.
  • Entidades lucrativas pertencentes ao ámbito das industrias culturais, creativas e tecnolóxicas.
  • Iniciativas culturais e tecnolóxicas emprendedoras. Empresas ou proxectos empresariais en fase de inicio ou consolidación, pertencentes ao ámbito das industrias culturais, creativas e tecnolóxicas.

ESPAZOS E SERVIZOS

O Centro de Emprendemento oferta os seguintes espazos:

  • Viveiro Gaiás: un espazo independente e modular á medida de cada proxecto. Tarifa: 12,50 euros/metro cadrado sen IVE.
    • Andar -1. Destinado preferentemente a entidades non lucrativas (10 espazos individuais). 
    • Andar 0. Destinado a entidades lucrativas (10 espazos individuais)
  • Espazo de cotraballo. Destinado a iniciativas emprendedoras (16 postos de traballo individuais). Tarifas: fase de inicio (60,00 €/mes); fase de consolidación (90,00 €/mes).

Todos eles dispoñen de mobiliario, conexión á Rede por wifi e cable, salas de reunións privadas, espazo de formación (Sala Off), caixas de correo para a correspondencia postal ordinaria, destrutora de papel e unha zona común de descanso con neveira e microondas.

As entidades e profesionais aloxados no CEM terán tamén tarifa reducida no aluguer de espazos e descontos nas actividades do Departamento de Acción Cultural da Cidade da Cultura, así como aluguer puntual gratuíto doutros espazos do Gaiás segundo dispoñibilidade (máximo 2 xornadas ao ano).

Ademais, o CEM ofrece un servizo de titoría e acompañamento na posta en marcha e consolidación dos modelos de negocio, identificación de novas oportunidades e maduración das ideas empresariais. Asesoramento financeiro, networking e showrooms, adaptados ás necesidades das empresas.

PRAZOS E SOLICITUDES

  1. Aquelas persoas interesadas en solicitar un espazo no CEM deberán presentar a súa solicitude preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).
  2. Deberá empregarse o servizo PR004A con destinatario a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  3. No cadro «Asunto relacionado» do formulario PR004A deberá indicarse «Att. Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Solicitude para a incorporación de iniciativas culturais emprendedoras e desenvolvemento de proxectos para fins concorrentes cos obxectivos da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no Edificio Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura de Galicia».
  4. A solicitude irá acompañada dos formularios sinalados como anexos II, III e IV (segundo o tipo de solicitante do espazo), así como do resto de documentación complementaria prevista no artigo 5 das bases reguladoras da convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o mes de outubro de 2022. No caso de que rematado o prazo e resolta a valoración da convocatoria non se chegase a cubrir a totalidade de prazas ofertadas, esta quedará aberta ata completar os espazos ofertados.

A valoración das solicitudes terá en conta aspectos como: a posibilidade de establecer vinculacións e sinerxías coas liñas de traballo da Fundación Cidade da Cultura, o carácter innovador, cultural e tecnolóxico da proposta, a capacidade da entidade para facilitar a implicación de persoas diversas, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade, a súa contribución á creación de emprego e número de beneficiarios potenciais, a viabilidade económico-financeira do proxecto/empresa ou a experiencia profesional y coñecementos previos do equipo.

BASES E ANEXOS

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
De martes a domingo
16 a 20 h | Sáb-Dom e festivos tamén de 11 a 14.30 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
18 Nov 2022 a 28 Xan 2023
De 11.00 a 20.00 horas
21 Nov 2022 a Xan 2023
De 9.00 a 21.00 horas
Ata o 18 Dec 2022
11.30 horas
3 Dec 2022
Ás 17.00 horas
10 Dec 2022
De 18.00 a 19.00 horas