BSO23 | Banda Sonora Orixinal da túa Paixón

BSO23 | Banda Sonora Orixinal da túa Paixón é un encontro que pretende congregar a instrumentistas de bandas e agrupacións musicais de Semana Santa para formarse, partillar experiencias e compartir a súa música con todo o público interesado no patrimonio e tradición musical en Galicia arredor da Semana Santa.

O certame arrincará con tres charlas impartidas por profesionais de recoñecido prestixio no eido da música confrade, dirixidas especialmente a aqueles e aquelas instrumentistas que queiran complementar a súa formación en tres disciplinas fundamentais nestas agrupacións: a composición, a instrumentación metal e a percusión.

Xa despois do xantar, todo o público interesado está convidado a gozar da actuación de seis destacadas agrupacións de Viveiro e Ferrol na mostra de música confrade. A continuación, pode consultarse o programa en detalle:

10.00 — 12.00 h | MasterChats musicais

  • 10.00 – Apertura do encontro
  • 10.15 – MasterChat de Vento a cargo do director da Escuela Internacional de Corneta, Vicente Moreno
  • 10.45 – MasterChat de Percusión, a cargo do director de RedeGaita, Jhonathan Ferreira
  • 11.15 – MasterChat de Composición a cargo do director musical da Banda Sinfónica de Triana, Manuel Alejandro González Cruz

16.00 — 20.00 h | Mostra de música confrade

  • 16.00 – Banda Naval (Viveiro)
  • 16.30 – AM Santísimo Cristo da Boa Morte (Ferrol)
  • 17.00 – Banda Nosa Señora do Nordés (Ferrol)
  • 17.30 – ENTREGA DE MENCIÓNS BSO23
  • 18.00 – AMC Banda Ferrol da Confraría de Dores (Ferrol)
  • 18.30 – AM Nosa Señora do Carme de Ferrol (Ferrol)
  • 19.00 – Banda Nosa Señora da Misericordia (Viveiro)
  • 19.30 – Clausura

[*Programa suxeito a cambios]

 
Música & Escena