Unha dobre exposición no Museo Gaiás e o CGAC conmemora os 30 anos do Centro Galego de Arte Contemporánea

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou esta mañá a “importancia transformadora do CGAC nas súas tres décadas de vida, nas que reformulou todo concepto que tiñamos sobre as ideas de arte, de museo, de exhibición ou de retrospectiva”. Con motivo do 30 aniversario do centro, o titular de Cultura da Xunta de Galicia asistiu hoxe á apertura de Traballo en equipo.

Santiago de Compostela, 11 de Xullo de 2023

Visitas comentadas | Nicolás Muller. Vento Norte

Nicolás Muller. Vento Norte revisa e recupera o traballo realizado polo fotógrafo de orixe húngara no norte de España durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra, e que se completa cun apartado denomidado «Obras Mestras» no que se recollen algúns dos seus traballos máis célebres.

A Coruña no tempo

A Coruña no tempo é a cuarta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, Cidades no tempo, que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol e Lugo, a proposta continúa o seu percorrido na Coruña co obxectivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia, traspasando os tópicos do seu carácter esencialmente rural.

A Xunta apoia dez novos talentos da narrativa galega na Residencia Literaria da Cidade da Cultura

Un total de dez autores emerxentes galegos están a participar estes días na Residencia Literaria da Cidade da Cultura para perfeccionar os seus proxectos de narrativa. A actividade, que forma parte do programa de Residencias Artísticas do Gaiás impulsado pola Xunta de Galicia, conxuga o traballo individual coa posta en común e o intercambio de impresións sobre as propostas do resto de participantes.

Santiago de Compostela, 07 de Xullo de 2023

Rueda lembra a relevancia do Seminario de Estudos Galegos como "un dos grandes alicerces da cultura galega"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá a relevancia do Seminario de Estudos Galegos como “un dos grandes alicerces da cultura galega” do pasado cuxo legado continúa vixente na actualidade. O titular do Goberno autonómico asistiu á inauguración da exposición Luz na Terra.

Santiago de Compostela, 04 de Xullo de 2023

O Gaiás acolle o IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís con case 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións

A Cidade da Cultura de Galicia acolle ao longo de toda a xornada de hoxe a VI edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 12 formacións, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión. Entre elas inclúese a Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da Comunidade.

Santiago de Compostela, 01 de Xullo de 2023

A Xunta impulsa no Gaiás o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia

A Xunta de Galicia vén de licitar o contrato para que Galicia conte co seu primeiro Centro de Artes Dixitais, que será tamén un equipamento de referencia en España para este tipo de tecnoloxías. A previsión é que os traballos comecen este outono co fin de que poida estar en marcha a finais do 2025.

Santiago de Compostela, 30 de Xuño de 2023

A Xunta impulsa a visibilidade da muller na arte cunha nova edición do ciclo de intervencións “Reb/veladas na paisaxe”

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, abriu este mércores un novo itinerario artístico nas zonas verdes do Gaiás, formado polas intervencións artísticas da cuarta edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe. Nesta ocasión son dous creadores novos galegos, Diego Vidal e Rebeca Lar, canda o navarro Alberto Odériz, os encargados de dar forma ás tres pezas escultóricas que se poderán ver ata o mes de novembro no Bosque de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de Xuño de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS