Doppio Zero | Día do Circo

Con motivo da celebración do Día do Mundial do Circo (15 de abril), a Cidade da Cultura organiza para o sábado 22 un espectáculo para gozar dunha tarde en familia a cargo da compañía Carpa Diem, que porá en escena a función Doppio Zero

O espectáculo "Doppio Zero"

Este espectáculo conta con diferentes disciplinas circenses como a acrobacia de chan, o mastro chino, os malabares, a bicicleta acrobática e o clown. É unha actuación divertida, tenra e surrealista, que nos mostra unha viaxe no tempo que transcorre entre a realización e cocción dunha peza de pan.

Os personaxes son Tuli e Vroni, dous perfís contrapostos: un máis inxenuo, distraído e soñador e outro con pura enerxía, velocidade e movemento. Preparan pan nun día que parece simple, pero en realidade é máxico e sorprendente.Tuli le boca abaixo, suspendido nun mastro, mentres ela, Vroni, monta en bicicleta pedaleando coas mans e conducindo cos pés. 

Mentres agardan que se cociñe ese pan, agasállannos cunha viaxe no tempo e a través dos sentimentos, acompañados de cancións dos anos 50 e noticias da radio, respirando as gañas de vivir daqueles anos de reconstrución en Italia. 

 

Sobre Carpa Diem

A compañía nace do encontro de dous educadores e profesores de circo italianos. Luca Sartor e Katharina Grüner, coñécense no ano 2012 en Kenia, nun proxecto de Circo Social con cativada da rúa. Pouco despois deciden continuar a súa formación artística xuntos, graduándose posteriormente na Escola de Circo Carampa de Madrid, onde se fundou a compañía en 2015. Cos seus espectáculos actúan en numerosos festivais en Europa. Seguen a súa formación con intensivos e workshops en todo o mundo. No 2018-19 Luca segue a súa formación na Escola de Circo Flic en Italia. Os dous traballan tamén no colectivo Cia. Faltan 7 que actuou con gran éxito en Cidade Imaxinaria.

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas