Visitas comentadas | Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura

Percorrido comentado pola mostra Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, un proxecto que rende homenaxe a esta institución cultural, determinante na construción da identidade galega e grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia, no ano que conmemoramos o centenario da súa fundación.

Facendo zapping | Reb/veladas na paisaxe IV

Diego Vidal reflexiona sobre a incomunicación na sociedade actual cunha intervención na que tres figuras humanas, próximas pero illadas entre si, dan as costas ao mundo que as rodea. Tomando como punto de partida as ideas do filósofo surcoreano Byung-Chul Han ao redor da alienación provocada polo abuso e mal uso que se fai das novas tecnoloxías, o artista galego intenta chamar a atención sobre a perda de contacto coa realidade próxima, concretamente, co ámbito natural.

A Xunta dá o visto bo ao Centro de Artes Dixitais de Galicia no Gaiás

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto para dotar a Galicia do seu primeiro Centro de Artes Dixitais, que será tamén un dos pioneiros en España, ao nivel dos existentes nas grandes capitais. Con este novo equipamento, o Goberno galego pretende posicionar a Comunidade para aproveitar a ventá de oportunidade que ofrecen as artes dixitas como motor cultural e económico, en termos de xeración de empresas innovadoras e postos de traballo, así como ferramenta para preservar e divulgar o patrimonio e contribuír a elevar a calidade do sistema educativo.

Santiago de Compostela, 15 de Xuño de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS