Celebramos o Día da Música cun concerto de Budiño acompañado por novos talentos do ‘neo-tradicional’ galego

A Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto o venres 21 de xuño no Gaiás. O gaiteiro virá acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos do neo-tradicional galego, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica.

Santiago de Compostela, 04 de Xuño de 2024

Atardecer no Gaiás 2024

Este 2024 o ciclo Atardecer no Gaiás trae 16 concertos gratuítos, os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto, para gozar dos mellores solpores do verán en Compostela. Música urbana, rap rural, neo-tradi, pop indie ou electrónico, ritmos tropicais... de seguro atopas nesta edición máis dunha banda que esperte o teu interese e as túas ganas de bailar.

O campamento de natureza 'Raíces e ás' oferta unha alternativa de conciliación e fomenta a conciencia ambiental

A Cidade da Cultura programa este verán o campamento urbano Raíces e ás, unha proposta concibida para facilitar ás familias a conciliación nas derradeira semana de xuño e primeira de setembro e tamén para crear entre a rapazada unha conciencia ambiental sólida, fomentando valores como o vencello coa natureza, o espírito de descubrimento, a creatividade, a igualdade, a convivencia e o traballo en equipo.

Santiago de Compostela, 03 de Xuño de 2024

Budiño presenta 'Branca Vela' | Día da música 2024

Músico galego de orixe, universal polo seu destino e innovador por convicción, Budiño será o protagonista do concerto polo Día da música que poderedes gozar, de balde, o 21 de xuño na Cidade da Cultura. Acompañado dunha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces dentro do 'neo-tradi' e o folk que se está a facer en Galicia, Budiño escolleu a Praza Central do Gaiás para presentar na capital galega o seu último disco, Branca Vela.

«Molto Barroco» de Píscore | Día da Música na Biblioteca de Galicia

Unha festa da mellor música barroca, un espectáculo cargado de humor onde as personaxes, as músicas, o teatro cómico e os espazos escénicos compoñen un mosaico que funciona á perfección para o goce de cativada e persoas adultas. Píscore Teatro trae ao Gaiás Molto Barroco, unha proposta escénica coa que a Biblioteca de Galicia vos convida a festexar en familia o Día Europeo da Música.

A mostra ‘Outras historias posibles’ defende a pluralidade do talento a través da obra de seis creadoras contemporáneas galegas

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Outras historias posibles, un proxecto que promove unha mirada diversa sobre a historia da arte contemporánea galega, reivindicando as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.

Santiago de Compostela, 28 de Maio de 2024

Transformando a música en patrimonio. Xornada técnica na Biblioteca de Galicia

O venres 31 de maio terá lugar unha nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia, co título «Transformando a música en patrimonio». Como cada ano a institución cabeceira do Sistema de Bibliotecas da nosa comunidade autónoma organiza unha serie de encontros para analizar e debater algún dos temas transversais vencellados as nosas institucións da memoria. Nesta ocasión a xornada estará centrada no patrimonio sonoro. Os documentos sonoros e audiovisuais tamén forman parte do acervo cultural dun pobo, e como tales deben preservarse e difundirse.

A Biblioteca de Galicia celebra as Letras Galegas cunha mostra que repasa a obra da escritora coruñesa Luísa Villalta

A Xunta inaugura na Biblioteca de Galicia a exposición Luísa Villalta, a memoria dos sons, sumándose á homenaxe este ano polo Día das Letras Galegas á escritora coruñesa. A mostra fai un repaso pola súa traxectoria dende a poesía e a narrativa ata o teatro ou a súa estreita relación coa música, ademais de facer fincapé no seu activismo social.

Santiago de Compostela, 16 de Maio de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS