O Gaiás estrea a súa programación familiar do verán co premiado espectáculo de circo e maxia ‘Karpaty’
A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante o mes de xullo o seu Verán en Familia. Unha programación cultural que forma parte da campaña CulturON que a Xunta de Galicia ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias e que, neste caso, ten como finalidade crear espazos de ocio para a cativada.
