O Galiverso estrea unha nova montaxe interactiva para mergullarse de maneira virtual nos 11 centros da Rede de Museos de Galicia

O Galiverso, o proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, abre este mes de marzo unha nova fiestra ao universo dixital que conecta a Cidade da Cultura cos 11 centros que forman parte da Rede de Museos xestionados polo Goberno galego. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación deste novo Galiverso dos Museos, que poderá visitarse a partir do martes, de balde, na Cidade da Cultura. 

Santiago de Compostela, 25 de Marzo de 2024

A Cidade da Cultura dá a benvida a primavera cunha intervención paisaxística nas Torres Hejduk que reivindica o valor dos bosques galegos para a vida

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura Da semente á ábore. Un ben para a nosa vida, unha intervención paisaxística creada pola enxeñeira técnica agrícola Mónica Rodríguez Parcero. Coincidindo co arranque da primavera, este espazo do Gaiás recupera así temporalmente o seu uso orixinal como torres botánicas, convidando ao público a mergullarse nas especies que poboan os bosques galegos.

Santiago de Compostela, 22 de Marzo de 2024

Rueda inaugura a exposición «Tesouros Reais», que trae a Galicia, como destino único en España, obras do Terra Sancta Museum de Xerusalén

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Será a primeira vez que estas pezas se expoñan en España e, ademais, Galicia será o único destino nacional no que se poderá visitar.

Santiago de Compostela, 21 de Marzo de 2024

Galiverso dos Museos

O Galiverso dos Museos permite entrar nunha versión virtual dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas, e desde este escenario virtual, observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas que conservan. Entre elas, a escultura do cabaleiro de Beade (século XVII) do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o torques do Castro de Viladonga, ou o primeiro astrolabio atopado en Galicia (datado entre os séculos XVI e XVII) conservado no Museo do Mar de Galicia.

O nuncio do Papa e o Custodio de Terra Santa viaxan a Santiago para a inauguración da mostra «Tesouros reais»

O nuncio do Papa en España, Bernardito Auza, e o custodio de Terra Santa, Francesco Patton —máximo responsable da institución gardiá desde fai 800 anos dos Santos Lugares en Xerusalén— viaxarán a Santiago de Compostela para asistir este xoves á cerimonia de inauguración da exposición Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 19 de Marzo de 2024

Escenas do cambio cumpre dez anos cun programa que celebra a traxectoria do festival e a súa capacidade de transformar espazos, públicos e artistas

 A Xunta presentou hoxe o programa da décima edición de Escenas do cambio na Cidade da Cultura, unha cita que consolida a aposta do Goberno galego por xerar espazos para o desenvolvemento da vangarda nas artes escénicas. Dirixido pola bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, este aniversario, que decorrerá entre os días 3 e 5 de maio, concíbese como unha celebración da traxectoria do festival e da súa capacidade transformadora.

Santiago de Compostela, 15 de Marzo de 2024

Escenas do cambio 2024

Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, celebra a súa décima edición do 3 ao 5 de maio de 2024. Dirixido pola bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, este aniversario concíbese como unha celebración da traxectoria do festival e da súa capacidade transformadora para artistas, espazos e publicos.

Da semente á árbore. Un ben para a nosa vida | Intervención paisaxística nas Torres Hejduk

Da semente á árbore. Un ben para  a nosa vida conecta coa idea orixinal para a que foron deseñadas as Torres Hejduk, pensadas como torres botánicas. Deste xeito, os espazos utilízanse a modo de invernadoiro, onde se recrean dous tipos de bosques galegos — atlántico e mediterráneo —, e como aula, onde se expoñen froitos, sementes e produtos finais obtidos da árbore.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS