Este verán temos 4 grandes espectáculos para pasar o voso tempo de lecer coa cativada en familia. Maxia, rock e circo ao aire libre e de balde! Apúntate ao Verán no Gaiás.
Karpaty | La Troupe Malabó
![]() |
Un vello e prestixioso circo ruso embárcase nunha viaxe co fin de cumprir o seu soño: volver a amosar a súa arte ao público. Karpaty parte da poesía visual para falar de realidades sociais como as migracións e a procura dun lugar propio a través de técnicas circenses, xogos de clown e música en directo.
|
Crassh Xiri Tour | Wetumtum
![]() |
Crashh_Xiri é un espectáculo cun idioma propio: o “crasshonês”. Unha proposta con enerxía e humor que mestura por primeira vez as percusións e temas atemporais con sons electrónicos.
|
Viva o Pop! | Rock en familia
![]() |
Lembras a Bóla de Cristal? Probaches algunha vez un Frigopié? Rock en Familia trae un espectáculo a través do que crean un espazo para rememorar a banda sonora das décadas pasadas cos nenos e nenas de agora. O mellor pop dos oitenta e noventa.
|
De Vilatriste a Vilalegre | A utópica rodante
![]() |
Unha proposta escénica que confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste. Pensada para públicos de todas as idades que combina teatro actoral e de monicreques co mundo do cómic como referencia.
|









