A instalación inmersiva ‘Hábitats’ despídese do Gaiás con preto de 10.000 visitantes e coas entradas esgotadas desde marzo

A instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro 19 de maio cun éxito total de público. Preto de 10.000 persoas de todas as idades achegáronse a explorar coas lentes de realidade virtual os diferentes ecosistemas, animais e plantas desta aventura dixital que esgotou as entradas dispoñibles xa no pasado mes de marzo.

Santiago de Compostela, 12 de Maio de 2024

O conselleiro de Cultura e o director adxunto da Frick Collection de Nova York manifestan a súa vontade de colaboración nun encontro no Gaiás

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o director adxunto e conservador xefe da Frick Collection de Nova York, Xavier F. Solomon, mantiveron un encontro na Cidade da Cultura no que manifestaron a súa vontade de colaborar en futuros proxectos.

Santiago de Compostela, 10 de Maio de 2024

'Outras historias posibles' reivindica no Gaiás artistas galegas que despuntaron nos 80 e cuxa obra non gozou da merecida visibilidade debido aos condicionantes de xénero

A Xunta de Galicia reivindica na exposición Outras historias posibles a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século.

Santiago de Compostela, 09 de Maio de 2024

Luísa Villalta, a memoria dos sons

A Biblioteca de Galicia celebra cada ano as Letras Galegas cunha mostra bibliográfica dedicada á persoa homenaxeada. Nesta ocasión a exposición sobre a figura de Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) reúne 62 pezas entre fotografías, documentos, CDs de música, libros e publicacións periódicas procedentes case todas do fondo  da Biblioteca de Galicia.

As Residencias do Gaiás impulsan dous proxectos de arte sonora baseados na revolta das cigarreiras da Coruña e nos sons dos palcos da festa galegos

A Xunta de Galicia impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC).

Santiago de Compostela, 07 de Maio de 2024

Outras historias posibles

Outras historias posibles reúne o traballo de seis artistas contemporáneas nadas na década dos 50 e vinculadas a Galicia nos seus camiños vitais e profesionais, cuxas traxectorias merece a pena revisar e contextualizar para, como expresa o título do proxecto, xerar outras historias que completen as xa coñecidas.

A Xunta e Afundación convidan a visitar ‘Ourense no Tempo’ na súa última semana e anuncian a próxima exposición deste ciclo en Pontevedra en xuño

A exposición Ourense no tempo, organizada pola Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e coa colaboración de Afundación, pecha as súas portas o vindeiro domingo 12 de maio con máis de 6.000 visitantes. Trátase da sexta das sete mostras que abrangue o proxecto Cidades no tempo, cuxo obxectivo de reivindicar a identidade urbana de Galicia rematará en xuño coa derradeira exposición en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 06 de Maio de 2024

Arrinca na Cidade da Cultura a décima edición de Escenas do Cambio con 13 espectáculos

O festival de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, arrinca este venres 3 de maio na Cidade da Cultura coa inauguración da instalación inmersiva Corpo que se fai imaxe, do artista portugués António Gonçalves. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliñou no acto a relevancia dunha cita que logo de dez anos está consolidada non só como espazo de exhibición para a vangarda escénica, senón como punto de encontro e plataforma de lanzamento para artistas tanto galegos como internacionais.

Santiago de Compostela, 03 de Maio de 2024

O Gaiás celebra as Letras Galegas con teatro, exposicións, actividades escolares ou unha lectura compartida

A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía.

Santiago de Compostela, 01 de Maio de 2024

A Cidade da Cultura convida a festexar a primavera correndo a Holi Gaiás o sábado 8 de xuño

A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o sábado 8 de xuño nos exteriores do complexo e nesta ocasión contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi.

A actividade lúdico festiva contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes durante a mañá.  

Santiago de Compostela, 29 de Abril de 2024 a Santiago de Compostela, 02 de Maio de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS