Karpaty | La Troupe Malabó | Verán no Gaiás 2024

Partindo da poesía visual, Karpaty transfórmase nun espectáculo cheo de humor e esperanza. Un prestixioso circo ruso emprende unha viaxe fuxindo da guerra co fin de cumprir o seu soño: volver a amosar súa arte ao público.

A través de técnicas circenses, xogos de clown e música en directo, a compañía valenciana La Troupe Malabó fálanos das migracións e da busca dun lugar propio, do envellecemento e a tolemia, pero tamén da fantasía e do poder da risa. Uns personaxes impredecibles, cheos de amor pola vida e o circo, acompañarannos nesta viaxe chea de xiros, sorpresas e maxia.  Toda unha bandexa de posibilidades para o público sirva ao seu gusto o que máis precise con este espectáculo que xa foi seleccionado na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2021.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas