Novos talentos no 'Atardecer no Gaiás' desta semana coas actuacións dos galegos Alana e o grupo madrileño Carrera Blanca

O ciclo Atardecer no Gaiás, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, promociona esta semana os novos talentos musicais cos concertos da banda galega Alana, gañadores na categoría de Música no último certame Xuventude CREA, e os madrileños Carrera Blanca, grupo revelación nacional no Festival Contempopranea 2023.

Santiago de Compostela, 14 de Agosto de 2024

Ópticas contemporáneas 2024

Chega este outono unha nova edición do ciclo Ópticas Contemporáneas, composta por tres concertos singulares nos que a música contemporánea tende pontes culturais entre o País Vasco e Galicia, axuda a entender co corpo cuestións fundamentais da antropoloxía actual, e permite escoitar clásicos como as catro estacións de Vivaldi nun formato minimalista e distendido, afastado do convencional.

‘Cidade Imaxinaria’ volve ao Gaiás o 7 de setembro cunha ducia de propostas que van desde xogos de realidade virtual ata espazos sensoriais para bebés

A Xunta de Galicia convida ás familias a pechar o verán por todo o alto cunha das citas imprescindibles do ocio en conxunto. A Cidade Imaxinaria regresa por duodécima vez á Cidade da Cultura o vindeiro 7 de setembro para mergullar a pequenos e maiores na ilusión dunha xornada que concentra maxia, música, xogos e circo desde as 16,00h ata as 20,00h con entrada libre e de balde.

Santiago de Compostela, 09 de Agosto de 2024

O folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho protagonizan esta semana ‘Atardecer no Gaiás’

Os concertos desta semana de Atardecer no Gaiás, ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Fundación Cidade da Cultura, apostan pola fusión de estilos musicais coas actuacións da banda catalana Faneka —o xoves 8 de agosto—, e o dúo arxentino-malagueño Cosmic Wacho, o venres día 9. Ambas citas serán ás 21,00 horas na Praza central do Gaiás, con entrada libre e de balde.

Santiago de Compostela, 07 de Agosto de 2024

‘Tesouros Reais’ despídese de Galicia tras achegar ao Gaiás 40.000 persoas e deixar cifras récord nas visitas comentadas

A Cidade da Cultura de Galicia despide Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum con preto de 40.000 visitas, o que representa unha media diaria de 338 persoas ao longo dos 118 días que estivo aberta ao público. Este balance sitúa a exposición entre as máis visitadas das mostras organizadas ata agora polo Museo Centro Gaiás xunto a propostas como Faraón. Rei de Exipto ou Galicia, un relato no mundo.

Santiago de Compostela, 06 de Agosto de 2024

Cidade Imaxinaria 2024

Imaxina unha cidade chea de maxia, un lugar onde a fantasía se converte en realidade e no que os nenos e nenas poden xogar, crear, divertirse. A Cidade da Cultura volve transformarse na Cidade Imaxinaria! O vindeiro 7 de setembro, dende as 16:00h ata as 20:00h, o Gaiás encherase de maxia, circo, clowns e personaxes fantásticas que ateigarán de ilusión cada recuncho da Cidade da Cultura.

‘Atardecer no Gaiás’ programa dez concertos ao aire libre en agosto que arrancan con Branko e Amoebo

O ciclo Atardecer no Gaiás, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, segue en agosto con dez novas citas musicais para os xoves e venres do mes. Esta semana o público poderá gozar do directo do influente DJ e produtor portugués Branko e do grupo galego Amoebo. Os concertos serán ás 21,00 horas na Praza central do Gaiás, con entrada libre e gratuíta.

Santiago de Compostela, 31 de Xullo de 2024

O Gaiás acumula máis de 2.000 asistentes no seu ‘Verán en familia’ antes do último espectáculo deste mércores

O ciclo Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu fin o vindeiro mércores 31 de xullo co espectáculo De Vilatriste a Vilalegre, da Utópica Rodante. Esta proposta de teatro de monicreques está pensada para todos os públicos co fin de xerar comunidade ao redor das artes escénicas. A representación enmárcase no CulturON, a campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que programa máis de 30 actividades diarias para todos os públicos en toda a xeografía galega.

Santiago de Compostela, 30 de Xullo de 2024

A Xunta apoia a formación musical da Banda sinfónica galega cunha residencia artística que culminará cun concerto ao aire libre no Gaiás

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, visitou hoxe aos participantes na residencia artística Efemérides 2024, unhas xornadas que se levan a cabo no Gaiás ata o 3 de agosto coa participación de 65 músicos. 

Santiago de Compostela, 29 de Xullo de 2024 a Santiago de Compostela, 03 de Agosto de 2024

Aviso: Peche do Museo Centro Gaiás o 24 de xullo pola mañá

Con motivo da cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2024, o Museo Centro Gaiás pechará ao público o mércores 24 de xullo de 10.00 a 16.00 horas, polo que durante a mañá non poderá visitarse o edificio nin as exposicións que acolle, suspendéndose ademais as visitas comentadas. Volverá abrir en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 h).

Santiago de Compostela, 23 de Xullo de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS