‘Atardecer no Gaiás’ convoca ao público a bailar esta semana cos grupos A Pedreira e Mandale Mecha

Os concertos gratuítos de Atardecer no Gaiás traen esta semana dúas citas para bailar ata a noitiña que conectan Galicia con Brasil e Arxentina. A célebre cantante e compositora galega Ugia Pedreira —A Pedreira— presentará o xoves 18 de xullo na Praza central da Cidade da Cultura o seu último disco, Basal, acompañada en directo dunha banda internacional que promete unha viaxe sonora entre a rave, a foliada e o club de jazz.

Santiago de Compostela, 17 de Xullo de 2024

A embaixadora de Alemaña en España visita a Cidade da Cultura acompañada do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu esta mañá á embaixadora da República Federal de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, e á xefa de Asuntos Culturais da Embaixada Alemá en España, Isabella Neisinger-Langner, durante unha visita á Cidade da Cultura de Galicia na que tamén os acompañou a directora xerente do complexo, Ana isabel Vázquez.

Santiago de Compostela, 17 de Xullo de 2024

O Gaiás aposta por un ocio compartido entre cativada e maiores co concerto ‘Viva o Pop!’ do seu ‘Verán en Familia’

O ciclo de espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador este mércores con Viva o Pop!, un concerto especial no que cativada e maiores bailarán ao ritmo dos grandes éxitos dos 80 e 90. Máis de 1.200 persoas asistiron xa ás actuacións musicais e de circo programadas neste ciclo, impulsado pola Xunta de Galicia dentro da campaña de actividades de estío para todos os públicos, CulturON.

Santiago de Compostela, 15 de Xullo de 2024

Cultura impulsa a educación musical na mocidade cun festival de bandas con máis de 550 participantes

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante toda a xornada de hoxe o VII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que 12 formacións interpretarán temas escollidos para a ocasión, que abarcan desde sons clásicos ata música tradicional galega e versións de cancións contemporáneas. No acto tamén participa a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade.

Santiago de Compostela, 13 de Xullo de 2024

O Gaiás inaugura 'Unha vida viquinga', unha exposición internacional que cuestiona clichés e amosa pezas nunca antes exhibidas en España

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Unha vida viquinga, unha exposición internacional que cuestiona grandes clixés da cultura popular sobre a Era Viquinga e amosa en Galicia pezas históricas e arqueolóxicas de museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia nunca antes exhibidas en España.

Santiago de Compostela, 12 de Xullo de 2024

O rap feminista en galego de Flow do Toxo e a psicodelia pop de Naked Family soben esta semana ao escenario de 'Atardecer no Gaiás'

A Cidade da Cultura volve ser escenario para a mellor música en directo esta semana coas actuacións de Flow do Toxo e Naked Family en Atardecer no Gaiás.  As rapeiras da bisbarra do Condado soben mañá xoves ao escenario para montar unha festa reivindicativa que defende o rural e a diversidade. O venres será a banda Naked Family quen invoque o baile cunha proposta que conecta a psicodelia dos 70 co futuro da música pop.

Santiago de Compostela, 10 de Xullo de 2024

O Gaiás recibe pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia para inaugurar unha das maiores exposicións sobre cultura viquinga

A Xunta de Galicia inaugurará este venres 12 de xullo unha das maiores exposicións sobre cultura viquinga organizadas en España nas últimas décadas e que se encadra no marco da programación de verán do Goberno galego, o CulturON. A Cidade da Cultura está a recibir estes días ao persoal técnico que acompaña a viaxe de pezas arqueolóxicas únicas prestadas por ata 13 institucións e coleccións cedentes de obra, entre eles museos nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España.

Santiago de Compostela, 07 de Xullo de 2024

O rapeiro canario Lucho RK e a fusión de músicas do mundo da banda galega de Ninghures abren o ‘Atardecer no Gaiás’

Este xoves 4 de xullo á caída do sol arrincan os concertos de Atardecer no Gaiás co rapeiro Lucho RK, unha das novas voces máis populares dentro da música urbana en España. Con apenas un par de anos de traxectoria, este mozo canario suma decenas de miles de seguidores e tamén colaboracións con artistas consagrados no seu estilo, como Juancho Marqués ou Wos LasPalmas.

Santiago de Compostela, 06 de Xullo de 2024

A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle hoxe a benvida ás persoas participantes na IV Residencia Literaria que a Xunta de Galicia programa no Gaiás desde hoxe ata o 13 de xullo. Trátase dunha iniciativa na que participan unha decena de autores emerxentes e que forma parte da campaña CulturON que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias.

Santiago de Compostela, 02 de Xullo de 2024

O Gaiás estrea a súa programación familiar do verán co premiado espectáculo de circo e maxia ‘Karpaty’

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante o mes de xullo o seu Verán en Familia. Unha programación cultural que forma parte da campaña CulturON que a Xunta de Galicia ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias e que, neste caso, ten como finalidade crear espazos de ocio para a cativada.

Santiago de Compostela, 28 de Xuño de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS