CA-CO-FLEX leva o cartón ao centro do escenario para falar de vivendas e de vidas precarias

Conta Isabel Fernández que na idea de usar o cartón para falar da situación actual de acceso á vivenda tiraron de varios fíos. Por un lado están as arquitecturas efémeras, desde o refuxio que constrúe quen vive na rúa ata a Village en Carton proxectada en 1968 por Guy Rottier como cidade temporal para os membros da contracultura hippie da época. Tamén as arquitecturas de emerxencias, empregadas en países como Xapón para dar acubillo en caso de catástrofes naturais.

Galego

Unha perturbadora visión da natureza xerada polos erros das máquinas, nova proposta de intervención artística para as Torres Hejduk do Gaiás

A Xunta de Galicia vén de seleccionar a proposta Phygital land, traducións do físico ao virtual como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura, convocado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude entre os creadores e creadoras participantes no XIV Encontro de Artistas Novos. Presentada pola artista visual Irene Molina, esta proposta achégase á relación entre o natural e o dixital desde a idea dunha paisaxe post-apocalíptica, onde a natureza foi substituída por unha imperfecta e desacougante versión dixital.

Santiago de Compostela, 06 de Novembro de 2024

«Phygital land» Traducións do físico ao virtual | Intervención artística gañadora do EAN14

Phygital Land explora a construción do espazo virtual desde a dimensión física, reflexionando sobre como percibimos o dixital e o tanxible cando ambos mundos se entrelazan. O termo phygital —que combina physical (físico) e digital (dixital)— define unha experiencia híbrida que atravesa toda a intervención e nos convida a repensar a relación entre o natural e o tecnolóxico. Empregando técnicas como a fotogrametría e a impresión 3D, xéranse esculturas que son ao tempo datos e materia, así como proxeccións animadas que revelan a mirada da máquina.

Comeza a vacinación da covid-19 e da gripe na Cidade da Cultura

A Consellería de Sanidade elixiu a Cidade da Cultura como un dos puntos da vacinación en grandes recintos para a campaña contra a gripe e a covid-19. Desde o mércores 30 de outubro de 2024 estáse a convocar na Sala Eisenman, con acceso desde os aparcamentos 1 e 2. A vacinación realizarase de luns a sábado en horario de 9 a 14 h e 15:30 a 21 horas.

Plano acceso Sala Eisenman

Galego

A maior mostra internacional sobre tatuaxe, no Gaiás tras recibir 2 millóns de visitas en seis países

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Tattoo. Arte baixo a pel, a maior exposición internacional sobre tatuaxe desenvolvida ata o momento. A mostra ábrese ao público no Gaiás logo de ser visitada por máis de dous millóns de persoas no seu amplo percorrido por museos e institucións culturais de Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwán, Rusia e os centros da Fundación “la Caixa” en España.

Santiago de Compostela, 24 de Outubro de 2024

A Xunta exhibirá no Gaiás obras dos mellores tatuadores contemporáneos realizadas en modelos de silicona na maior mostra do mundo sobre esta arte

A exposición Tattoo. Arte baixo a pel, impulsada pola Xunta de Galicia e o musée du quai Branly–Jacques Chirac (Francia) coa colaboración da Fundación “la Caixa”, exhibirá a partir do vindeiro xoves 24 de outubro na Cidade da Cultura obras dalgúns dos mellores artistas da tatuaxe actual nun formato único e innovador.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2024

Día das Bibliotecas 2024 | Xornada de portas abertas | Agasallo de libros

Con motivo do Día das Bibliotecas, a Biblioteca de Galicia organiza unha xornada especial na que, a través dunha visita guiada polas instalacións impartida polo persoal técnico, poderás acceder a espazos de acceso restrinxido e coñecer polo miúdo os servizos da institución que conserva o patrimonio bibliográfico galego.  

Ademais, ao longo da xornada, regalaranse bolsas sorpresas de libros ás persoas visitantes ata esgotar existencias. 

O ciclo ‘Ópticas contemporáneas’ transforma o coñecemento científico en experiencia musical co concerto ‘Mudar a pel’ na Cidade da Cultura

A segunda cita de Ópticas contemporáneas, o ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propón ao público unha experiencia sonora e visual que reflexiona sobre cuestións actuais abordadas pola antropoloxía e as ciencias sociais.

Santiago de Compostela, 16 de Outubro de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS