A mostra ‘Vida Gallega. Unha viaxe ilustrada’ recupera a historia da revista galega de maior tirada, lonxevidade e influencia social do século XX

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Vida Gallega. Unha viaxe ilustrada na Biblioteca de Galicia. Trátase dunha mostra que recompila a traxectoria da revista ilustrada Vida Gallega, a publicación de maior tirada, lonxevidade e influencia social da época que botou a andar en 1909 con xa 14.000 subscritores antes de lanzar o primeiro número e chegou a ter tiradas de 70.000 exemplares e a contar cunha rede de máis de 400 correspondentes entre Galicia e Latinoamérica.

Santiago de Compostela, 20 de Novembro de 2024

Un manual de navegación musical para o litoral galego: a cartografía inversa de Pablo Seoane e Macarena Montesinos

Os músicos Pablo Seoane e Macarena Montesinos levan un mes facendo Exercicios sonoros de cartografía inversa na Cidade da Cultura grazas ás axudas REGA. O seu obxectivo é desenvolver unha nova forma de ler os mapas, as cartas náuticas, para traducilas á linguaxe musical. “Quen le unha carta náutica está seguindo unhas instrucións para iniciar un desenvolvemento temporal, que é basicamente o que fai un músico cando le unha partitura” explica Seoane. Ambos inician unha viaxe, aínda que o intérprete non se mova do lugar.

Galego

'Ópticas contemporáneas' pecha cun concerto da Real Filharmonía de Galicia que revisa en clave minimalista as catro estacións de Vivaldi

A Real Filharmonía de Galicia pon o ramo este sábado ao ciclo Ópticas contemporáneas organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura. Será un concerto especial no que a orquestra, dirixida por  por Baldur Brönnimann, interpretará unha das obras máis famosas de Vivaldi, As catro estacións, pero na versión minimalista que reimaxinou o influente compositor británico-alemán Max Richter.

Santiago de Compostela, 15 de Novembro de 2024

Foradada | IX Encontro D10! de Formación e Innovación en Circo

Conta a lenda que, quen é capaz de atravesar a Roca Foradada do macizo rochoso de Montserrat, en Cataluña, cun cesto cheo de auga sen verter nin unha soa gota, experimenta unha transformación de xénero. Inspirada nesta historia, a Cía Moll de l`Os tráenos Foradada un espectáculo híbrido que bota man das acrobacias, o circo e o movemento para reflexionar sobre a identidade de xénero. Esta proposta escénica enmárcase dentro do ciclo D10!

Vida gallega. Unha viaxe ilustrada

Tiradas de ata 70.000 exemplares. Unha rede de máis de 400 correspondentes en Galicia e Latinoamérica. Case 800 números publicados. Este é o resumo en cifras do que foi Vida Gallega, a revista ilustrada de maior tirada, lonxevidade e influencia social do seu tempo. Agora, no 115 aniversario do prelo do seu primeiro número, a Biblioteca de Galicia decide conmemorala coa mostra Vida Gallega. Unha viaxe ilustrada, que resulta nun paseo a través do que entender a sociedade galega do século XX.

«Se Fernando Pessoa vivise agora imaxino que seriamos 'best friends' e cantariamos xuntas»

Sergio Marey está a tecer coas axudas REGA unha manta transfronteiriza entre Galicia e Portugal que conecta a súa biografía persoal e creativa coa do escritor Fernando Pessoa. Unha idea que nace dunha obsesión co país veciño e co autor portugués, e da fortuna de atopar, nunha libraría de vello en Lisboa, un libro que analizaba a disidencia de xénero na obra do poeta.

Galego

O valor educativo das exposicións do Gaiás atrae 434 grupos de escolares e esgota as prazas de visitas didácticas para este ano

A Cidade da Cultura ten xa completas as quendas dispoñibles ata final deste ano para que o alumnado galego se achegue a coñecer as propostas expositivas do Museo Centro Gaiás a través dunha saída escolar. O equipo de Educación e Didáctica do museo pechará así 2024 atendendo a máis de 5.200 estudantes en visitas ás exposicións e arquitectura do Gaiás, ao que habería que sumar outros 2.102 alumnos e alumnas que visitaron a instalación inmersiva Hábitats, natureza estendida no marco dunha saída didáctica co seu centro escolar.

Santiago de Compostela, 08 de Novembro de 2024

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS