Cidade Imaxinaria 2024

Imaxina unha cidade chea de maxia, un lugar onde a fantasía se converte en realidade e no que os nenos e nenas poden xogar, crear, divertirse. A Cidade da Cultura volve transformarse na Cidade Imaxinaria! O vindeiro 7 de setembro, dende as 16:00h ata as 20:00h, o Gaiás encherase de maxia, circo, clowns e personaxes fantásticas que ateigarán de ilusión cada recuncho da Cidade da Cultura.

Unha tarde de sábado para pechar o verán por todo o alto. 13 propostas entre as que atopamos espectáculos fixos, itinerancias, zonas de xogo e instalacións de compañías que proveñen de Portugal, Madrid, País Vasco, Cataluña e Galicia.

 

Unha tarde de sábado para pechar o verán por todo o alto. 13 propostas entre as que atopamos espectáculos fixos, itineracias, zonas de xogos e instalacións de compañías que proveñen de Portugal, Madrid, País Vasco, Cataluña e Galicia.

A Cidade Imaxinaria pon a cativada no centro e lévanos a reflexionar sobre o noso presente e o futuro que deixamos con espectáculos en chave de clown e teatro de rúa que nos falan sobre o medio ambiente e a importancia de vivir o presente. Haberá tamén instalacións e zonas de xogo a través das que os nenos e nenas poderán, por unha banda, redescubrir xoguetes tradicionais e, pola outra, adentrarse no mundo da realidade virtual inmersiva. Ademais, o evento tamén conta con espazos sensoriais para bebés, que completan a programación do día. Haberá tamén un espazo gastronómico para familias.

Celebrada entre 2011 e 2019, a Cidade imaxinaria é unha das citas clásicas da programación infantil do Gaiás, congregando a milleiros de familias ao longo das súas once edicións previas. Tras un parón provocado en 2020 pola pandemia, retomouse con unha gran afluencia de xente no 2023 e, nesta edición, repetimos cunha xornada na que as actividades se concentrarán a partir das 16:00h. O evento, que se realiza o último fin de semana antes de que comecen as clases, é o colofón final dun verán en familia no Gaiás.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas