Venres Emprendedores

Emprender é, sobre todo, unha actitude, unha cultura, unha forma de ver a vida e de transfomar as ideas en produtos, en servizos, en melloras. Con esta filosofía, o Centro de Emprendemento do Gaiás pon en marcha os Venres Emprendedores, unha cita mensual con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.

A modo de coloquio, catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus problemas e dificultades e pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.

Programa

 

6 de marzo. Rei Zentolo

 

10 de Abril. Alberto Rodríguez Montiel, director de proxectos de FrutoDS

 

15 de Maio. Óscar Santomé Diseño


5 de Xuño. Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP