Pasando o tempo no Gaiás
Tic-tac, tic-tac, tic-tac... Os reloxos e a súa melodía rítmica serán protagonistas durante o mes de outubro na Biblioteca de Galicia a través da exposición Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta. Con esta excusa, a Cidade da Cultura convídavos a todos a "pasar o tempo" connosco a través de tres divertidos obradoiros da man de OQO Editora e dos seus libros ilustrados, que os participantes recibirán de regalo.