Bota a andar Womex 2016

Esta semana abriuse a convocatoria internacional que dá o pistoletazo de saída ao WOMEX 16 que se celebrará na Cidade da Cultura e en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro deste ano. Até o 15 de abril, artistas de todo o mundo poderán presentar as súas propostas musicais, que serán avaliadas por un xurado composto por sete experto

Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2016

A danza, protagonista da clausura de Escenas do Cambio

Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción chega ao seu fin facendo da danza a protagonista do Museo Centro Gaiás. Unha pequena retrospectiva da bailarina galega Janet Novás, os movementos dos clubs de baile de Cecilia Bengolea e François Chaignaud e a nova linguaxe flamenca de Rocío Molina e Rosario ‘La Tremendita’ compoñen o cartel desta última semana de Escenas do Cambio.

Santiago de Compostela, 10 de Febreiro de 2016

Escenas do Cambio olla cara a África e Brasil

Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción encara a súa segunda semana no Gaiás centrado en África e Brasil, con creadores que propoñen novas linguaxes. Faustin Linyekula, Bouchra Ouizguen, Radouan Mriziga ou Lucía Russo e Marcela Levi ofrecerán desde hoxe e ata o domingo propostas que aúnan arte en acción, danza contemporánea e memoria.

Santiago de Compostela, 03 de Febreiro de 2016

A emigración a través do patrimonio documental

A nova exposición do Arquivo de Galicia propón unha viaxe pola emigración galega a través do patrimonio documental. Conformada por preto de 50 documentos que se custodian neste arquivo da Consellería de Cultura e Educación, a mostra Emigrantes: terras, xentes, emocións foi presentada esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola subdirectora xeral de Arquivos, Marina García Pita.

Santiago de Compostela, 02 de Febreiro de 2016

Con fío en Galicia, nova exposición do Museo Centro Gaiás

A Cidade da Cultura converterá a moda e o sector téxtil galego nos protagonistas da próxima gran exposición do Museo Centro Gaiás, nunha mostra que se inaugurará o 11 de marzo e que busca consolidar a ‘marca Galicia’ coa posta en valor das achegas dos grandes deseñadores galegos e os logros empresariais acadados por un sector estratéxico, constituído por 500 empresas, que dá emprego a 13.000 persoas e que representan o 11% da riqueza da comunidade.

Santiago de Compostela, 23 de Xaneiro de 2016

Coñece a vida e obra de José Suárez na xornada 'A ollada da dignidade'

A Cidade da Cultura de Galicia organiza o vindeiro 16 de febreiro a partir das 16:30 horas unha xornada ao redor da figura do fotógrafo galego José Suárez, a quen a Cidade da Cultura lle dedica unha mostra retrospectiva da súa vida e obra no Museo Centro Gaiás baixo o título José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

Santiago de Compostela, 20 de Xaneiro de 2016

Recibe o Aninovo Chinés no Baile de Entroido

A Cidade da Cultura convida a grandes e maiores ao Baile de Entroido Chinés que se celebrará no Centro de Innovación Cultural o luns 8 de febreiro. A festa, que arrancará ás 17 horas, servirá para darlle a benvida ao novo ano chinés, e contará coa tradicional Danza do León e a música en directo da banda de rock para nenos A Gramola Gominola.

Santiago de Compostela, 16 de Xaneiro de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS