Uruguai exhibe a mostra de José Suárez
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, inaugurou onte no Centro Cultural de España en Montevideo a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, mostra sobre a obra dun dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira metade do século XX, un galego de Allariz que se exiliou a América tras o estalido da Guerra Civil e que viviu en Arxentina e Uruguai, dous países esenciais no seu periplo vital.