Cóntame un conto

Durante os meses de exposición da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Cidade da Cultura puxo en marcha un programa didáctico no que escolares de toda Galicia, ademais de facer unha visita, podían participar no obradoiro de creación literaria Cóntame un conto. Da man do departamento de didácticas, os participantes achegáronse a ferramentas básicas para diferentes procesos, creación de personaxes, estrutura narrativa... De entre todos, queremos compartir este relato realizado polos rapaces do Club de Lectura de Noia.

Galego

Cidade Creativa

O Centro de Emprendemento do Gaiás celebra o vindeiro 30 de marzo Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos. Ao longo de todo o día, un total de 50 artistas darán a coñecer os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.

O CEM do Gaiás celebra o 7 de marzo 'Cidade Creativa'

A Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, acollerá o vindeiro 7 de marzo a iniciativa Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos. Ao longo de todo o día, un total de 50 artistas darán a coñecer os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.

Santiago de Compostela, 17 de Febreiro de 2017

Cela, o poliedro descoñecido

Sabiamos que era o autor de La colmena, La familia de Pascual Duarte ou Madera de Boj. Que era o único Nobel galego. E que podíamos coñecer o seu legado na Fundación que el mesmo constituiu en Iria Flavia. Ao longo destes meses descubrimos, non obstante, ao Cela pintor,  actor, editor, coleccionista… Múltiples caras dunha figura extraordinaria que coñecemos grazas á exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel.

Galego

Da árbore á cadeira

Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble. 

Últimos días para descubrir a figura de Cela no Gaiás

Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade despídese esta fin de semana tras tres meses de exposición na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre o escritor galego pechará as súas portas este domingo, clausurando así o acto central do programa preparado pola Xunta de Galicia e Acción Cultural Española para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.

Santiago de Compostela, 17 de Febreiro de 2017

Rodrigo García pecha este mércores Escenas do Cambio

Rodrigo García, autor de obras irreverentes e “textos que estalan como bombas’, será o encargado de pechar este mércores, 15 de febreiro, Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura. Será cunha das súas obras cumio: Muerte y reencarnación en un cowboy, que terá lugar ás 20:30 horas no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 13 de Febreiro de 2017

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS