Entregados os IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, destacou o “talento, esforzo e valentía” dos gañadores dos VI Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame co que a Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, favorece o emprendemento no eidos das industrias culturais en Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de Outubro de 2016

Récord de mercado no Womex'16

A celebración de Womex a pasada semana en Santiago de Compostela confirmou a calidade técnica e o talento artístico do sector musical galego diante dos 2.400 profesionais chegados desde 95 países para participar durante cinco días no meirande mercado internacional da ‘world music’.

Santiago de Compostela, 27 de Outubro de 2016

Fredy Solano, gañador da intervención do EAN nas Hejduk

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que o proxecto A través dun horizonte sen corpo de Fredy Solano vén de ser elixido como gañador da IV Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e aberto a todos os participantes no VI Encontro de Artistas Novos. O artista, de orixe salvadoreño pero residente actualmente en Vigo, plasmará no Gaiás o seu concepto da arte como ocupación e intervención do espazo público.

Santiago de Compostela, 25 de Outubro de 2016

Arranca o Womex'16

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á Feira Womex como unha nova oportunidade para amosarnos ao exterior e deixar que Europa e o mundo se amosen en Galicia, que desde este mércores e ata o domingo 23 de outubro se converterá na capital da música internacional.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2016

Womex'16: do 19 ao 23 de outubro

O casco histórico de Santiago e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro a vixésima segunda edición de Womex. Arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, e preto de 200 xornalistas se achegarán a Galicia para participar no maior evento internacional da música de raíz. Así mesmo, a feira durante o día incluirá 290 stands con máis de 700 empresas, ademais de 22 conferencias e 95 relatores de 35 países en 50 sesións, entre outras actividades.

Santiago de Compostela, 13 de Outubro de 2016

O 5 de novembro vive un Magosto de Medo no Gaiás

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o vindeiro 5 de novembro no Gaiás un magosto familiar cos contos da narradora Raquel Queizás.

A partir das 18 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá Un magosto de Medo, no que os participantes aprenderán a elaborar o tradicional rosario de zonchos, o colar de castañas cocidas típico do Día de Defuntos. E antes de comezar coa contada, nenos e maiores tiznarán a cara tal e como manda a tradición dos magostos.

Santiago de Compostela, 13 de Outubro de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS