Do Marqués de Bradomín a Max Estrella: Imaxes dun AristÁcrata

Cúmprense 150 anos do nacemento de Valle Inclán, o noso meirande dramaturgo. A súa arte transitou entre a visión aristocratizante das primeiras etapas (modernismo) e a representación grotesca do mundo das últimas (esperpento). Ao seu xeito foi un cronista da época, incorporando na súa obra os horrores do cambio de século e a miseria da vida cotiá. Poucos coma el souberon conxugar humor, traxedia e crueldade, crebando xéneros e estilos baixo un poderoso vendaval poético. Poucos lograron crear unha linguaxe propia e á vez universal. Ao longo desta sesión percorreremos a súa traxectoria literaria, visitando a algúns dos personaxes máis destacados da súa produción.

12:00 | Relatorio: Dianella Gambini. Catedrática de Lingua Española e Tradución na Università per Stranieri de Perugia (Italia). Con anterioridade foi profesora da Università degli Studi di Perugia e das Universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid. Especialista en literatura do romanticismo e do modernismo, en particular da obra de Valle Inclán, de quen traduciu ao italiano “Femeninas” e “Epitalamio”. Ten publicado estudos críticos sobre o esteticismo modernista de Valle e sobre a recepción do seu teatro en Italia. 

13:15 | Concerto: “Fake”. Saúl Puga (contrabaixo) e Pablo Seoane (piano) presentan Fake, unha composición orixinal de Pablo Seoane inspirada en La Lámpara Maravillosa, ensaio de Valle-Inclán de cuxa publicación se cumpren 100 anos neste 2016. Espectáculo creado para o ciclo Nexos.

 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada