Máis de 3.000 inscritos para o Spin2016
Máis de 3.000 persoas inscribíronse para asistir ao Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario, que se celebrará na Cidade da Cultura do 29 de setembro ao 1 de outubro. Desde hoxe xa non é posible rexistrarse no evento mais haberá retransmisión en directo que poderá seguirse a través de tv.spin2016.org.