Cela, de poeta a pintor e actor

Antes de que se convertese nun consagrado escritor e Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela amosou interese polas máis variadas disciplinas artísticas: poesía, pintura e ata interpretación. Así se pode comprobar na primeira parte da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, que se exhibe no Museo Centro Gaiás ata o 19 de febreiro do 2017.

Galego

Paisaxe e Patrimonio

O Arquivo de Galicia pon en valor a paisaxe e o territorio entendidos como un patrimonio cultural a través da mostra Paisaxe e patrimonio: unha visión do territorio a través do Arquivo de Galicia, formada por cen documentos que ofrecen un relato ao redor das diversas paisaxes -Natural, Humanizada e Protexida- na nosa comunidade.

Maruja Mallo e a xeometría do signo

O 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo. Non é de estrañar. Maruja Mallo (Viveiro, 1902; Madrid, 1995) foi a artista galega máis destacada do último século. A única a quen Ortega y Gasset organizou unha exposición na sede de Revista de Occidente. Das contadas pintoras da vangarda a quen André Breton e o Museo Nacional de Arte Moderno de Francia lle compraron obra na década dos trinta. Daquelas pioneiras que racharon os teitos de cristal para afirmar á nova muller, dona de seu.

Nexos 2017

Vivimos en sociedades complexas, plurais e en constante cambio. A cultura contemporánea é a cada paso máis mestiza. Para descifrar as claves e tendencias de hoxe precisamos dunha visión panorámica que supere as vellas fronteiras do coñecemento, conxugando a un tempo os enfoques científico e humanístico.

O ciclo de cultura contemporánea Nexos regresa en xaneiro do 2017 da man de Marcos Lorenzo, combinando relatorios a cargo de destacados expertos con actuacións artísticas sorprendentes. E sempre desde un formato didáctico, ameno e distendido. 

Escenas do Cambio 2017 terá lugar do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2017

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciou esta mañá que o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio volverá á Cidade da Cultura na súa terceira edición, entre o 28 de xaneiro e o 15 de febreiro, cun programa con 25 pezas de artistas e compañías de 10 países diferentes, e na que o teatro galego terá unha presenza destacada con nomes como Chévere, que presentará ‘Cheverografías’, Matarile Teatro con ‘Antes de la metralla’ o iLMaquinario, con ‘Resaca’, entre outros nomes.

Santiago de Compostela, 14 de Decembro de 2016

Arranca a 1ª edición de 'Connecting for good Galicia' no CEM do Gaiás

O programa Connecting for Good Galicia iniciou hoxe a súa andaina no Gaiás coa benvida institucional aos seis proxectos emprendedores de innovación social que integran a primeira edición desta iniciativa, impulsada pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de Decembro de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS