A triple aventura editorial de Cela

A edición foi unha das paixóns de Camilo José Cela xunto coa de coleccionista. O papel como editor e director de revistas culturais é un episodio fundamental na biografía do Nobel, tal e como pode comprobarse na exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, que pode visitarse no Museo Centro Gaiás ata o 19 de febreiro.

Galego

A Biblioteca de Galicia comeza o ano celebrando o Día da Ilustración

O Día da Ilustración (30 de xaneiro) e o Día do Usuario das bibliotecas (11 de xaneiro) centran a programación que a Biblioteca de Galicia preparou para comezar o ano. Un recital poético multimedia e varios obradoiros para os máis pequenos da casa serán as primeiras actividades do 2017.

Galego

Xaneiro comeza no Gaiás con PequeFilmes, festival de curtas para nenos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro na Cidade da Cultura, o festival infantil de curtas PequeFilmes, dirixido a rapaces de entre 5 e 12 anos. Un total de 40 curtametraxes proxectaranse durante estes dous días no Museo Centro Gaiás, no que tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cine de animación.

Santiago de Compostela, 30 de Decembro de 2016

Recital multimedia con Yolanda Castaño

Para conmemorar o Día do Usuario das Bibliotecas, que se clebra o 11 de xaneiro, Yolanda Castaño, un dos rostros máis coñecidos da poesía galega, ofrécenos un novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos, facéndoos dialogar coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías. Unha moderna posta en escena, capaz de conectar con públicos pouco versados no xénero poético. Un recitado de textos acompañado de proxección de breves vídeopoemas e bases musicais.

Lorca, o escritor favorito de Cela

Camilo José Cela coñeceu, tratou e mesmo trabou amizade con grandes nomes das letras españolas e internacionais. Mantivo contacto con todos os escritores da diáspora, de Alberti a Eduardo Blanco Amor; compartiu mesa e mantel con John dos Passos, Ernest Hemingway ou Arthur Miller; editou a todos os autores en activo da súa época –a excepción de Delibes- e coñeceu a practicamente toda a Xeración do 27. A todos excepto un: Federico García Lorca. Sen dúbida, xunto con Pío Baroja, o escritor favorito do Nobel galego e cuxas obras pasan a ser de dominio público neste 2017.

Galego

PequeFilmes

Os máis pequenos da casa terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: Pequefilmes, con proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que descubrir a maxia da séptima arte.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS