Aventuras literarias: Leonardo e os fontaneiros

Para a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica á escritora Mª Victoria Moreno, a Biblioteca de Galicia organiza un Aventuras Literarias en torno á obra desta escritora “Leonardo e os fontaneiros”.

Este obradoiro terá como obxectivo traballar a promoción dos hábitos lectores dun xeito lúdico e participativo no que os rapaces e as rapazas sexan parte activa do relato; para iso empréganse xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas.

 
En familia