WOS 2018 | XERACIÓN DE NOVAS AUDIENCIAS NO ÁMBITO CULTURAL

As novas audiencias, especialmente as máis novas, reclaman un papel cada vez máis activo e un modelo de xestión específico que non aspire ao "para quen", senón ao "con quen". Reflexionaremos sobre a vontade de institucións e axentes culturais por integrar ao seu público nos propios procesos creativos como forma de identificación, ferramenta de comunicación e reflexo da súa incidencia social en diferentes ámbitos e contextos.

Participan:

Mónica Mura é artista interdisciplinar e comunicadora social. A súa ampla traxectoria profesional e a súa produción artística destacan por un profundo compromiso social, principalmente dirixido á integración e visibilización de persoas e colectivos, en especial das mulleres, en situación de exclusión, risco ou vulnerabilidade. Participou en proxectos de loita contra a violencia de xénero e en actos para promover a visibilidade da muller na produción cultural. www.monicamura.com

Álvaro Álvarez é membro de Desconcerto Cultural, asociación cultural sen ánimo de lucro centrada en dinamizar a escena galega con iniciativas e proxectos culturais de todo tipo, aínda que coa música como principal referente. Nos últimos anos organizaron eventos como a Romaría Pop, Primos Irmáns, CortaPega, TerraZeando ou Praceres Ocultos, ademais de colaborar no Festival Noroeste Estrella Galicia 2018. www.descociertocultural.com

Encarna Lago é a xerente de Rede Museística Provincial de Lugo e entende que o museo é unha institución con credibilidade, que emite mensaxes que a sociedade recibe e normaliza. No seu labor por repensar os museos e transformar os discursos e percorridos, leva realizados máis de 500 proxectos de compromiso e responsabilidade, non só para a igualdade efectiva entre homes e mulleres, senón para/coa súa comunidade, á cal coloca no centro da súa acción cultural. www.redemuseisticalugo.org

Ramón Souto forma parte de Vértixe Sonora, orquestra de cámara galega especializada en música contemporánea que traballa con autores de todo o mundo mediante a articulación de diferentes institucións a diferentes niveis. Actualmente son residentes no CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea onde activaron o festival Música e Arte: Correspondencias Sonoras. www.vertixesonora.net

Modera:

Alberto García, presidente da Asociación Galega da Xestión Cultural (AGPXC) e que avoga pola mediación co tecido social, colectivos e entidades que conforman o ecosistema sociocultural. www.xestoresculturais.gal

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h