Emilio Rúa

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo a traballar nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen.

Emilio Rúa presenta no concerto da Cidade da Cultura, no mes de setembro, o seu novo disco no que grandes figuras do panorama musical reinterpretan cancións do propio autor e composicións dos colaboradores en distintos duetos co artista. Un concerto que contará coa participación dalgúns dos artistas que colaboran neste proxecto.

 
Música & Escena