WOS 2018 | INNOVACIÓN, SUSTENTABILIDADE E DESENVOLVEMENTO EN FESTIVAIS

Emprazamentos inusuais, novas vías de financiamento e un firme compromiso coa sustentabilidade, a descentralización cultural e as novas tecnoloxías como cartas de presentación de catro proxectos consolidados e con vocación de futuro. Coñeceremos as particularidades de cada un deles da man dos seus responsables e debateremos sobre o panorama internacional, analizando os retos ao que han de enfrontarse a diario para chegar ao seu público específico.

Participan:

Sandra Oliveira é directora de Jardins Efemeros (Portugal), un proxecto itinerante e multidisciplinar, financiado mediante crowdfunding, que implica nas súas actividades á comunidade local. Durante unha semana, a cidade elixida transfórmase nun enorme xardín no que proliferan distintas formas de expresión artística, desde a arquitectura á poesía, pasando pola música, a performance e a arte dixital. www.jardinsefemeros.pt

Pablo García é co-organizador de Mugako (Vitoria-Gasteiz), unha aposta de calidade e variedade ao redor da música electrónica contemporánea que amplía o seu rango de acción máis aló do clubbing, permitindo gozar de contidos en horarios e emprazamentos tan agradables como un museo de arte contemporánea ou un xardín ao aire libre. www.mugakofestival.com

Bruno Abreu é programador de Mucho Flow (Guimarães), unha das citas ineludibles do outono portugués. Nado ao amparo da asociación cultural Revolve, e que actualmente funciona como axencia de management e selo discográfico, propón unha selección baseada no eclecticismo. Música electrónica, rock experimental, hip hop e free jazz durante unha única xornada con sede no CAAA – Centro para os Assuntos dá Arte e Arquitectura. www.muchoflow.net

Noelia Rodríguez é programadora de Dnit (Barcelona), un ciclo de música electrónica de periodicidade mensual e iniciativa privada e que serviu de escaparate a algúns dos novos creadores máis destacados do momento. A súa oferta, enfocada aos novos sons da vangarda e o futuro da experimentación electrónica, está avalada tanto pola prensa especializada como por outros eventos afíns como os festivais Sónar, Mira ou Mutek.

Modera:

Cristina V Miranda, promotora cultural e catadora. Creadora e directora do enoFestival e do Ribeiro Son de Viño. Fóra do ámbito vinícola creou o ciclo de concertos comentados Compostela Conversa e acaba de crear o seu propio selo discográfico e axencia musical, Triunvirato.