Campionato do Mundo do Xadrez | Categorías sub-8, sub-10 e sub-12

A Cidade da Cultura de Galicia será sede no mes de novembro do Campionato Mundial de Xadrez das categorías sub-8, sub-10 e  sub-12, evento que reunirá do 3 ao 16 de novembro a máis de 800 novas promesas deste deporte no Gaiás.

Máis de 800 xogadores de entre 8 e 12 anos mediranse nesta competición na que se darán cita nenos e nenas de 80 países e dos 5 continentes. Ademais, están previstas actividades paralelas como cursos de adestradores e talleres de xadrez escolar, xunto a excursións coas que os participantes e as súas familias poderán coñecer non só Santiago de Compostela, senón outras cidades e lugares de gran valor paisaxístico, natural, arquitectónico e cultural de Galicia.

Cada día disputaranse 400 partidas simultáneas no Museo Centro Gaiás, un centenar das cales se poderán seguir en directo desde o espazo habilitado no exterior do museo e tamén vía streaming na web do campionato (www.wccc2018.com).

O Mundial disputarase a 11 rondas, entre os días 4 e 15 de novembro. Cada ronda xogarase en horario de tarde, segundo o calendario publicado na web oficial do Mundial. A cerimonia de clausura e entrega de premios será o día 15 de novembro, no Pazo de Congreso de Santiago de Compostela.

O Campionato Mundial de Xadrez Cadete está organizado polas federacións galega e española de xadrez, co apoio da Fundación Cidade da Cultura e daa Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e o Consello Superior de Deportes. Ademais, colaboran neste evento a asociación de empresarios Compostela Monumental, GADISA, AENA e Área Central).

 
En familia
 
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h
24 AGOSTO
De 16 a 20 horas
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
24 AGOSTO
De 16 a 20 horas
13 SET - 10 NOV
De 10 a 20 horas