Camiño ao Gaiás 2017

A Fundación USC Deportiva volve brindarnos este verán a posibilidade de descubrir o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable. Será a través dos roteiros Camiño ao Gaiás, que conectará a zona vella da capital galega coa Cidade da Cultura. 

Tras percorrer rúas históricas, a andaina chegará ao complexo deseñado por Peter Eisenman a través de espazos naturais como o Bosque de Galicia ou o Parque do Lago. E como novidade desta edición, Camiño ao Gaiás proponnos unha ruta nocturna desde a praza central ata a Praza de Galicia, poñéndolle un final saúdable ao Atardecer no Gaiás.