Descubre a pé o Gaiás

Fai esta ruta a pé desde a histórica praza do Obradoiro á arquitectura contemporánea da Cidade da Cultura. Nin tan lonxe!

O Gaiás, en colaboración coa Fundación USC Deportiva e Turismo de Santiago, deseñou unha ruta autoguiada para coñecer a pé e doutro xeito a Cidade da Cultura.

Partindo da catedral de Santiago, a ruta atravesa o casco antigo, Patrimonio da Humanidade, achégase ao parque de Belvís, polo que discorre paralelo, e atravesa as frondosas brañas do Sar, que te mergullan nunha contorna natural, que evidencian como Compostela sabe coidar e enxalzar para veciñanza e visitantes o valor do seu rural, que tamén é patrimonio.

No percorrido, poderás descubir xoias como a románica Colexiata do Sar e ascender polos sendeiros do Bosque de Galicia con vistas á cidade, e goza do solpor en Santiago desde o cumio do Gaiás, onde contas cun miradoiro que ofrece outra perspectiva de Compostela, menos coñecida, pero non por iso menos impactante.

E unha vez no cumio do Gaiás, agarda por ti a Cidade da Cultura de Galicia cunha ampla e variada oferta cultural de 10 a 20 horas: tanto expositiva, no Museo Centro Gaiás, como de actividades, á vez que áreas de lecer, como o Parque da Balea; de esparcimento como o Xardín Literario e recentemente estreado Xardín do Teatro; de restauración como a Cantina do Gaiás. Consulta toda esta información en cidadedacultura.gal

Podes baixar o mapa co percorrido guiado na área de descargas. 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h