Taller de Produtores do programa EAVE
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, colabora co programa internacional de formación en produción audiovisual EAVE para desenvolver en Galicia a terceira e última residencia da actual edición do seu emblemático Taller de Produtores do EAVE (Eave Producers Workshop), que terá lugar en Santiago de Compostela do 22 ao 25 de outubro.
