Asaltos! Ring ao redor da palabra: escrita, cantada ou falada

Asaltos! é un ciclo ao redor do feito cultural que, a través dun formato rompedor e innovador, pretende sacar fóra da súa zona de confort a creadores e artistas. Tamén ao público, protagonista activo nos catro rings dialécticos nos que se creará, amosará e defenderá a riqueza, variedade e singularidade dos novos procesos creativos dentro e fóra de Galicia.

En cada un destes catro rings convídase a distintas figuras do panorama galego e foráneo para que intercambien ideas sobre o poder e os retos que ofrecen as palabras: as escritas, as cantadas, as que se len, as que se escoitan... Aquelas que seducen, incomodan, incitan á reflexión e transforman o mundo a ritmo da voz, a tinta ou o píxel.

Estes asaltos xiran ao redor de dúas grandes temáticas que se desenvolven en 4 rings dialécticos:

1. Asaltos! á lectura  

Venres 9 de novembro: divulgación | 17.30h - 19.30h 
 Modera
: Francisco Castro, escritor, editor e director de Galaxia.
 Púxiles
 -- Ramón Nicolás, crítico literario e creador do blog Caderno da Crítica
 -- Óscar López , xornalista cultural especializado en literatura, do programa de TVE Página 2.
 -- Alejandra de Diego Lata, da libraría Berbiriana da Coruña. 

 

 Sábado 10 de novembro: tradución | 12h - 14h 
 Modera: María Alonso Seisdedos, tradutora ao galego de series como Shin Chan e Premio Nacional de Tradución pola co-tradución do Ulises, de J. Joyce.
 Púxiles:
 -- Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil Xuvenil.
 -- Sara Margherita Cavarero, prestixiosa tradutora que levou ao italiano Jule Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas

 

2. Asaltos! á voz

 Venres 16 de novembro: oralidade |17.30h - 19.30h
 Modera: Xurxo Souto, o cantante d'Os diplomáticos de Monte Alto é, ademais de músico, filólogo e dinamizador cultural.
 Púxiles:
 --Ses, cantautora galega que cun estilo ecléctico enche auditorios, salas de   concertos e teatros de toda Galicia.
--Alexis Díaz Pimienta, escritor e repentista. Director da cátedra de Poesía Improvisada da Universidad de las Artes de Cuba.
-- Alba María, cantante, investigadora e regueifeira.

 

Sábado 17 de novembro: poesía | 12h - 14h
Modera: Silvia Penas, poeta, filóloga, performer, e vocalista de Cinta Adhesiva.
Púxiles:
-- Chus Nogueira, crítica literaria, filóloga e ensaísta galega. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.
-- Antón Blanco, poeta, filólogo e músico. Foi batería de Atrás Tigre.
-- Elías Portela, o poeta pontevedrés é Premio Poesía Afundación. Considerado un dos escritores máis importantes da literatura islandesa actual.

 

 

  Coñece a música que move e conmove os nosos e nosas 15 púxiles: bit.ly/AsaltosGaiás

 
Letras & Pensamento