A agrupación 'Mulleres de Seu' organiza un encontro este luns 15 de outubro na Cidade da Cultura coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade. A xornada desenvolverase no Auditorio 2 do Edificio CINC.
'Mulleres de Seu' é unha entidade que implica na actualidade a todas as socias de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) e que traballa para promover o empoderamento e o desenvolvemento profesional das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural. A iniciativa foi distinguida este ano nos Premios Agader, cos que a Axencia Galega para o Desenvolvemento no Rural distingue aquelas iniciativas de desenvolvemento rural innovadoras.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026




















